ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/01/15

A granxa dos animais

Comentario de Noelia Blanco 


A granxa dos animais
George Orwell
Faktoría K





Este libro pareceume interesante polo feito de que o autor trata de criticar a ditadura e a corrupción dende a perspectiva duns animais. Fainos ver diversos problemas como, por exemplo, a manipulación, as diferentes clases, o poder... dunha maneira clara e simple.
O feito de ser animais os protagonistas desta historia fixo que me parecera divertido, xa que dálle un rasgo diferente e consegue que un tema que pode parecer monótono e aburrido se faga máis ameno e fácil de ler e entender.
Non é o libro que máis me gustou de todos os que lin pero creo que é unha boa elección porque é totalmente diferente a todos os anteriores e deime conta de que, en certo modo, comparto as ideas que nos transmite o autor con esta historia. 

Sen comentarios