ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

20/01/15

Relatos de terror

Comentario de Raquel García


Relatos de terror
H. P. Lovecraft
Xerais



"Relatos de terror" é un título que atrae bastante ás persoas que lles gustan os libros de misterio e de medo. Polo título xa máis ou menos faste unha idea do que pode tratar pero como ben di o propio libro non trata dun medo normal como o que poden sentir certas persoas polas arañas senón que trata de contos materialistas de terror.
O único conto que non me gustou moito foi o primeiro, o titulado "A tumba" xa que a verdade non o entendín moi ben porque transcorría nunha casa da que eu non me daba imaxinado a estrutura, por iso non o logrei entender de todo xa que
se van contando as cousas que lle pasan a Jervas en determinadas partes da casa.
Os outros contos si que me gustaron moito sobre todo porque se vinculan con cousas que se nolas contan creriamos que a persoa que nos di iso está tola.
Un dos contos que máis me gustou pero que á vez agradezo que iso non pase na realidade foi o do doutor e o axudante que cada vez se obsesionaban máis, sobre todo West, co seu experimento que a pesar de que creaba cousas raras dáballe igual e seguía a perfeccionar o seu experimento.
Sobre o vocabulario ao principio resultábame algo complicado porque había bastantes palabras novas pero á vez iso tamén é bo porque aprendín palabras novas.

Este libro está moi ben e recomendaríallo a calquera persoa que lle gusten as historias de medo.

Sen comentarios