ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/01/15

Ollos de auga

Comentario de Raquel García


Ollos de auga
Domingo Villar
Galaxia


  Ao ler a contraportada pensei que ía ser unhas desas novelas policíacas aburridas nas que só hai policías, un criminal e pouco máis. Pero non, este libro atrápate dende que o empezas a ler porque no primeiro momento fálache do asasinato, o que fai que teñas ganas de seguir lendo para resolver as dúbidas do crime.
  A forma de cometer un asasinato desa maneira é bastante cruel, a verdade, e grazas á precisión descritiva dos detalles que nos dá o libro podémonos facer unha idea máis ou menos de como quedou o asasinado despois desa "tortura". Unha das moitas cousas que me empuxaron a seguir léndoo foi saber como conseguiu o asasino que a vítima quedará así.
  Segundo avanza a historia púidenme facer unha idea de quen era o asasino porque todas as probas que o policía Leo Caldas e o seu axudante recadan tras ir encaixando apuntan a unha persoa aínda que ao final non estaba no certo. Logo, cerca do remate, Leo Caldas como bo policía consegue resolver o caso xa que para el que todas as cousas apuntaran a unha persoa era demasiado evidente para ser verdade.
 Esta historia ten de todo: un asasinato, relacións amorosas, infidelidades... o que fixo que me gustara inda máis.
O meu personaxe preferido é Rafael Estévez xa que me resultou bastante cómico por ser bastante bruto, natural e ir directo ao que quere dicir, sen rodeos.

   En resumo, nunca lera unha novela policíaca pero se todas son coma esta non será a última que lea.

Sen comentarios