ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/01/15

O novo diario dun xove maniático


Comentario de María Rodríguez González


O novo diario dun xove maniático
Aidan MacFarlane. Ann McPherson
 
 
 
Neste libro apréndense moitas cousas da vida real, xa que fala dos problemas dos adolescentes (drogas, sexo, acne, alcohol, dietas...) e responde a moitas preguntas que estes non se atreven a formular.
Pete Payne, o protagonista: está moi ben que vaia apuntando o que lle ocorre día a día no seu diario xa que nos conta historias que lle ocorren e que poden servir de ensinanza para os adolescentes da actualidade.
Unha ensinanza que se pode extraer é que loites ata o final ata conseguir o que queres.
Pareceume entretido e interesante.

Sen comentarios