ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

23/01/15

Reo

Comentario de Miguel Oro Vence


Reo
Xesús Fraga
Galaxia





Reo é unha novela na que o protagonista é un graffiteiro. Un rapaz que podería ser calquera de nós. Un rapaz que ten intención de encher a cidade cos seus deseños e pór a súa sinatura en todas as partes. O malo é que a súa familia oponse porque quere para el algo máis proveitoso.
Todo cambia cando seu pai entra nun ere. Ao estar na casa seu pai todo o día. Ademais descobre que ten un rival na cidade que deixa máis sinaturas coa súa creatividade, que é o Oni.
En resumo este libro fala da identidade dun adolescente, que se intenta coñecer a si mesmo e que manifesta as súas inquedanzas a través da cultura urbana.
O que lle ocorre a Reo son problemas que lle pasan ós adolescentes hoxe en día e iso é o que o fai interesante cando menos para min: que os maiores se enfronten aos problemas do paro que hai na casa, que presentan a rebeldía porque non son aceptados polas súas inquedanzas ou problemas tan serios como os da droga que levan á morte do seu amigo, ou o primeiro amor.
En definitiva os mozos de hoxe en día coas súas inquedanzas nun ambiente hostil pero ao que teñen que enfrontarse.
 

Sen comentarios