ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

19/01/15

Diario secreto de Adrian Mole

Comentario de María Rodríguez González



Diario secreto de Adrian Mole 
Sue Townsend
Xerais 



O Diario secreto de Adrián Mole escrito por Sue Townsend é un libro baseado en informes que día a día vai contando Adrián.
Adrián é un adolescente inglés de 13 anos que vai redactando o seu diario. Por un lado conta o que lle pasa no matrimonio dos seus pais, separacións, novas aventuras amorosas, traballo... Por outro lado, ao mesmo tempo, vai contando o que lle pasa a el no instituto, enfermidades, drogas e as relacións amorosas que ten ao longo desta historia.
Nesta obra tamén se van mencionando frases ou ditos que din a xente maior. A min gustoume moito a que di a súa avoa: “ata o corenta de maio, non quíte-lo saio”
Nesta obra trata os seguintes temas: adolescencia, familia, amizade, amor, comprensión, tolerancia, respecto polas persoas maiores e polos animais.
 

Sen comentarios