ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/01/15

O Mundo De Ben Lighthart

Comentario de Paula Vázquez Vázquez


O Mundo De Ben Lighthart
Jaap Ter Haar
SM




A min este libro encantoume porque che axuda e faiche ver a vida doutro xeito, a mirala con outros ollos. É a primeira vez que leo un libro que enfoca a vida doutra maneira e pareceume espectacular poder ler un libro no cal tes que comprender a vida sen poder ver, cousa que custa moito e tamén che pode axudar a comprender as emocións dos demais aínda que non os coñezas, porque non fai falta ser unha persoa cun bo fisico e diñeiro para poder ser unha das mellores persoas. Lendo este libro mergulleime completamente nel e púxenme na pel do protagonista, porque xa fose baseado nunha historia real ou nunha imaxinaria, pódese comprobar perfectamente como a historia lle pode ocorrer a calquera e se a les saberías como superar mellor estar noutro mundo, tanto cego, xordo ou calquera outra discapacidade que poidas ter. 
A parte, está baseado na historia dun rapaz máis ou menos da nosa idade e tamen che ensina que hai que andar con ollo, porque calquera accidente pódeche cambiar a vida totalmente, e a actitude que adopta o protagonista paréceme axeitada  para tratar con persoas de idade superior á súa, o cal é boa referencia para algunhas persoas. 
Simplemente, que me gustou moito e fíxome ver a vida con outra cara introducíndome na pel do protagonista. 

Sen comentarios