ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/01/15

Reo

Comentario de Nerea Álvarez González


Reo
Xesús Fraga
Galaxia





Este libro non me gustou porque o tema do que trata non me chama a atención. A súa forma de ilustrar o que pasa non me atrae porque aínda que o vocabulario era fácil, as expresións que utiliza custáronme entendelas xa que as frases e oracións eran como complexas.
Este é un libro que trata sobre o enfrontamento entre varios rapaces que se dedican ao grafitti e que se enfrontan por ser os mellores grafitteiros da súa vila ou cidade. O que menos me gustou de todo foi como explicou o enfrontamento de Reo co primeiro rapaz ao que encarceraron por facer pintadas nun buque de auga. Non me gustou como representou ese enfrontamento porque o único que describía eran os grafittis do contrincante de Reo, en vez de tamén describir a obras de Reo. Gustaríame que describise as obras de Reo xa que ó ser o protagonista, de tratado prestixio no grafiti, non decribiu ningunha das súas obras.
En xeral, non me gustou nada o libro porque os temas de loita entre grafiteiros non me gusta pero é que nesta historia as expresións que utiliza o autor non me gustaron nada.

Sen comentarios