ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

14/01/15

Fantasmas de luz


Comentario de Christian Oro García


Fantasmas de luz
Agustín Fernández Paz
Xerais






Este libro trata sobre problemas da actualidade e tamén fai referencia ao cine. A referencia que fai a este é  o traballo de Damian na súa cabina de cine "Soñadores". Os problemas que trata sobre a actualidade son o paro e a crise: despois de trinta e cinco anos de estar traballando bótano da empresa e queda no paro, e debido á crise e a súa idade non dá encontrado traballo. No libro tamén aparece a invisibilidade que se refire  a que as persoas que teñen moitos anos xa non poden facer cousas como as outras persoas e quedan como se foran invisibles. 
O libro gustoume, só  que hai cousas que non entendín moi ben porque mesturaa moitas cousas xuntas.

Sen comentarios