ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

10/01/15

Corredores de sombra

Comentario de Adrián Mato


Corredores de sombra
Agustín Fernández Paz
Xerais





Xenial libro dun dos meus autores preferidos, só ao ver que un libro é deste escritor sei con firmeza que me vai gustar e este non podía ser a excepción, mestura moi ben o misterio coa adolescencia, a amizade co amor, ademais da pobreza co poder de algúns e a vinganza.
Penso que Clara antes de ir de vacacións ao pazo era outra rapaza, tras coñecer a Miguel cambia repentinamente, comeza a experimentar multitude de cambios con respecto ao sentimental. Un amor que non chegara a fluír pola diferenza de casta que a pesar de estar no século XX seguía a haber, polo que os do pazo eran os poderosos e os de pobo seguíanlles a render vasalaxe pero doutra maneira.
Por outra banda chegamos á descuberta dun cadáver o que obriga a Clara a investigar para saber quen é o asasino e o asasinado. Logra resolvelo coa axuda do seu namorado Miguel e  o seu tío Carlos. Descobre cousas ocultas da súa familia que o seu pai desexaba manter en segredo.
É do tipo de libros que a min me gustan, de misterio, e aínda que non me gustaran ese tipo de libros, abofé que este  gustaríame.
 

Sen comentarios