ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

09/01/15

Unha estrela no vento

Comentario de Cristina Costela Seara



Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais



É un libro que nos mostra diversos aspectos como o racismo, a xente minusválida e a violencia.
Pareceume moi mal o que pensa o Maqui sobre Reina, dicindo que tiña que ir coidar as galiñas e ir cos da súa raza só por ser xitana. Mentres que a actitude de Miguel e a súa nai, aceptándoa tal é como é, pareceume a correcta. E é que eu penso que ser xitano, branco, negro ou de calquera outra raza, non ten por que influír en como sexan as persoas por dentro, nin ten por que influír á hora de facer amizade con elas. Porque poden ser tan bos coma calquera outra persoa, e é que ao fin e ao cabo, todos somos persoas iguais cos mesmos dereitos. Tanto dá que teñamos diferente cor de pel, diferentes crenzas, pensamentos, costumes...
Tampouco me gustou o nome co que se refireu o Maqui nun momento do libro, chamándolle retrasado a Abel, só por ir en silla de rodas, e eu, durante a lectura deste libro, funme decatando de que Abel é moito máis listo do que os demais pensaban. Pola contra, gustoume como os demais amigos de Miguel, integrándoo coma se fose un máis deles.
A actitude do Bruto, resolvéndoo todo coa violencia non me pareceu a máis axeitada, creo que as cousas pódense resolver doutras formas, sen chegar aos extremos de pegarse e citarse para pelexar. Penso que a mellor maneira de resolver as cousas é falando. Tampouco me parecía xusto o que facía coa súa irmá, Reina, pegarlle porque el era o que mandaba ao non ter pai, ou ela ter que quedar na casa e el podía saír por aí. 
O final sorprendeume, porque pensei que se cumprirían as regras, e non pasaría o que fixo o Maqui.

Creo que a actitude de Miguel foi boa, foi valente ao “enfrontarse” co seu pai, ao enterarse de que estaba enganado á súa nai con outra muller e das mentiras que lles dicía. Despois Miguel fixo ben en apoiar a súa nai e estar con ela neses momentos, que non son de bo agrado para ninguén.

Recoméndoo sen dúbida, xa que trata temas que creo que están presentes na sociedade de hoxe en día. Pero sobre todo, recoméndollo á xente que sexa racista.

Sen comentarios