ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/12/14

Recinto Gris


Comentario de Vanesa Lalín Pousa


Recinto Gris
Ledicia Costas
Xerais


Vou empezar dicindo  que este libro chegou a min de maneira inesperada. O seu título non me dicía nada, transmitíame tristeza e frialdade .
    Cando empeceí  a ler recordoume moito a anterior obra que lera de Ledicia Costas, comprobei que a súa protagonista era outra vez unha rapaza, pero pouco a pouco fun vendo que non tiña nada que ver coa anterior, aquí era unha nena que non cadraba dentro da sociedade na que lle tocou vivir , ou iso era o que lle querían facer crer.
    Segundo ía lendo o libro, cada vez recordábame máis o que pasou durante a segunda guerra mundial, no holocausto alemán, onde se pretendía que a sociedade fose toda igual, sen ter liberdade .
    Así no relato, eu penso, que intenta facer unha denuncia a sociedade na que vivimos, na que cada vez xorden movementos moi radicais, onde se nos priva da liberdade tanto persoal coma colectiva, intentando que non cheguemos a ter nin personalidade nin identidade,  e todo aquel que non entre dentro dun modelo non debe formar parte desa sociedade.
    En  fin, para min é un libro moi triste, pero en certos momentos introduce elementos fantásticos que me resultaron atractivos.
   Nunca pensei que rematase como rematou, cando o acabei de ler empecei a imaxirarme finais moi diferentes, non me puiden decidir por ningún deles, pero o que si aprendín con este libro é que o valor xunto coa amizade e o cariño é algo moi forte e poderoso, que pode vencer ou superar calquera situación límite, pero  sempre manténdose unidos.

Sen comentarios