
Unha estrela no vento
Ledicia Costas
Xerais
Esta historia enganchoume moito ó principio da mesma para ver o que lles
sucedían ós personaxes na que se mestura acción, intriga, amizade, amores...
etc sobre o que ha de suceder no desenlace da historia.
Esta autora paréceme moi particular, xa que sempre vas ter que esperar ó
final da historia para saber o que vai suceder, pero con ela nunca se sabe o
que pode pasar.
Tamén atopamos rasgos característicos dalgúns alumnos rebeldes que lle
poden ter manía a un profesor ou profesora e que desexarían que desaparecesen
da súa vida e puideran vivir en paz.
Fala, por outra banda, dos amores entre o protagonista e unha rapaza
xitana; así como un neno con deficiencias que se evidencian polo seu tatexo.
É unha boa historia que recomendo a todos os adolescentes porque ten rasgos
nos que poderiamos estar identificados.
Sen comentarios
Publicar un comentario