ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

07/12/14

Recinto gris

Comentario de David González Sampayo


Recinto Gris
Ledicia Costas
Xerais





Primeiramente téñoche que dar as grazas, profesora, por recomendarme esta magnífica obra que non me permite parar de expresar eloxios cara a ela. Eu tamén vou seguir recomendando esta marabillosa historia de Ledicia Costas. 
Teño que dicir que este libro, igual ca todos os de Ledicia Costas que lin ata agora, encantoume, mantívome intrigado ata o punto e final e esta lectura fíxolle sentir ao meu corpo unha especie de tristeza alegre, xa que a pesar de que case toda a historia é triste a súa autora consegue representar moi ben, na narración, feitos non tan tristes que conseguen acabar coa impotencia que un sente contra os homes lobo. Outro aspecto polo que me encantan as lecturas de Ledicia é que ela, coas súas narracións, fíxome aumentar o meu gusto pola lectura xa que a min non me gustaba moito ler ata que lin as súas historias.
Esta historia transportoume mentalmente á época nazi. Nesta narración os homes lobo que queren conquistar o mundo apartando á xente diferente para eles pero non para as persoas normais fixéronme sentir unha gran impotencia por non poder facerlles a eles o que eles facían e o que máis me fastidiou foi que o macho alfa dos homes lobo era diferente. 
Os aspectos máis aburridos da historia, para min, son os momentos nos que Nube fala dos peixes tanto da súa forma, como da súa alimentación, datos científicos...
En canto aos personaxes a min gustoume moitísimo Mun. O que máis me gustou del foi a súa solidariedade, a valentía de arriscar a súa vida polo avó e por Nube e tiña unha gran virtude que era que nesas nefastas condicións no Recinto Gris el conseguía debuxar un sorriso na cara dos demais reclusos, ademais, o seu cariño hacia Nube non tiña límites. 
O final da historia sorprendeume para ben. Polo trancurso da historia cría que o final sería o que se esperaba pero non foi así. Ledicia deixa un final entreaberto que dá paso á imaxinación de cada lector.

Desta historia saquei un bo consello para a vida que é: "A unión fai a forza"
 

1 comentario:

Luna Mouniati Ferradás dixo...

Pareceume un libro bastante interesante aínda que me pareceu moi estraño o feito de que aparecesen os lobos así por así, tamén me pareceu estraño que dixesen que eran raros cando Nube e o seu avo apenas o eran.
O que si me gustou moito foi a boa relación que había entre todos os reclusos do Recinto Gris e como se axudaban. O tema de que conseguisen escapar tan fácil tamén foi un poucon raro, pero en xerál estuvo moi ben.