ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de Alba García González


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais





Esta historia é preciosa, encantoume sobre todo polo seu achegamento a nás, ás vivencias cotiáns.       
Este libro fai reflexionar sobre todo o que acontece,  e nin sequera nos decatamos de que están sucedendo; neste caso as redes socias pasáronlle factura á protagonista (cousa que afecta moito á xuventude de agora). Isla é un claro exemplo dunha adolescente  actual, e como ás veces por non dicir un simple`NON´ ou non saber  dicir "basta" a unha situación que te desagrada ou non te sentes cómoda falo por agrado aos demais ou por non ser ``DIFERENTE''.

Neste libro non me sentín identificada.

Esta narración foime moi doada de ler, así que recoméndolla a persoas tanto adolescentes coma adultos, xa que presenta feitos actuais e de importacia.
 

Sen comentarios