ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

06/12/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de Noelia Blanco Pájaro


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais






"O corazón de Xúpiter" é un libro que a min me recomendaran ler e eu, seguirei recomendando.


Esta novela enganchoume dende o principio. En canto a comecei a ler, sentín intriga e curiosidade por saber que lle pasaría ós personaxes, sobre todo a Isla por ser ela a protagonista destacada na historia.  Ademais parecéronme interesantes os temas dos que trata, xa que hoxe en día están moi presentes na adolescencia.


Vendo os problemas que lle ían pasando a todos os personaxes deducín que non podemos fiarnos de todas as cousas fermosas que nos di alguén, o cal non coñecemos, porque nos pode levar a malos momentos ou que non debemos meternos en malos vicios por imposición dun compañeiro que quere burlarse de ti.


Co personaxe que me sinto máis identificada é con Anxo, xa que é moi cariñoso e amigable a pesar de que Isla o rexeitara como algo máis que un amigo.


En canto ó final non mo esperaba así porque me imaxinaba un remate feliz entre Isla e Xúpiter pero, a pesar de acabar de dunha maneira pouco agradable, sorprendeume.


Finalmente, dicir que me pareceu un bo libro, sobre todo para os adolescentes xa que trata uns temas que son moi frecuentes en nós.
 

Sen comentarios