ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/12/14

O corazón de Xúpiter

Comentario de Manuel Fernández


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais


Corazón de Xúpitero libro escrito por Ledicia Costas,  reflexa a situación que teñen que afrontar os adolescentes na sociedade así como a influencia que as redes sociais teñen sobre ela.
Considero que o libro é unha peza entretida e sinxela de ler, a pesar de que hai momentos nos que a nosa protagonista, Isla, utiliza os tecnicismos da astronomía facéndoche perder, ás veces, o fío do argumento principal. Ademais, se tivera que destacar algunha cousa sería a forma de actuar da personaxe principal, xa que sempre facía o posible por olvidarse dos seus problemas, ben fose intentando coñecer máis a Xúpiter, o seu "amigo cibernético", ou entreténdose coa compañía da súa boa amiga Mar.  
Tamén veuse a influencia do amor nos adolescentes. Anxo namorado de Isla facía o que fose por estar con ela, escoitar todo o que sabía sobre a astronomía, cambiarlle a roupa porque a tiña mollada... A pesar de que este compañeiro da protagonista facía todo isto, Isla non se daba sacado da cabeza o amor que sentía por Xúpiter, o que me gustou moito, xa que se reflexa o a lealdade de Isla cara a el. 
Para rematar a conclusión da obra paréceme que é bastante inesperada, e de novo vólvese a mostrar o poder das redes sociais neste mundo.
 

Sen comentarios