ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

05/12/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de Sergio Saavedra Penido



O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais







O libro gustoume moito, mentres o lía decateime de que o que conta acontece moito hoxe en día.
Non me sinto identificado con ninguén na historia aínda que, por desgraza, coñezo casos coma o de Isla.
Non me gustou moito o final. Sorprendeume porque non era o que eu esperaba. Supoñía que acabaría cun final feliz como é de costume nos libros coma este.
O que non me gustou nada foron as dedicatorias entre capítulo e capítulo. Non lle topo sentido. En vez de poñer todas ao principio ou ó final como a maioría dos libros, están postas entre capítulo e capítulo e eso molesta e é algo incomodo á hora de ler.
En definitiva paréceme que este libro pode gustar a xente da miña idade debido a que a linguaxe non é moi difícil e para amosar como é a vida en realidade, que un non se pode fiar de todo o que se atopa na internet e menos aínda das redes sociais.

Sen comentarios