Comentario de Vanesa
Lalín Pousa
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
O título do libro non me dicía moito , pensei nun primeiro momento que ía
tratar sobre os planetas. Pero esta ídea desapareceu dende o instante que
empecei a ler .Dende este momento non podía parar, xa que era unha
historia de amor , pero con certa intriga, que me deixaba pensando ata o
momento de volver comezar coa lectura .
Así a ídea principal era totalmente diferente o que eu pensaba. No libro trátanse moitos temas diferentes que a todos os adolescentes nos son moi cercanos, en maior ou menor medida, cos cales eu me sentín moi identificada xa que en calquera das situacións xurdidas que ao longo da obra poden ocasionar situacións de perigo na sociedade de hoxe en día . Eu penso que a nós os adolescentes non nos parecen tan preocupantes como poden chegar a ser .
Por outro lado aínda que a ídea principal foi totalmente diferente do que eu pensaba , non contaba que rematara tan traxicamente, ata a última palabra, sempre tiven a esperanza de que todo cambiase, e Isla non tivera un final tan triste .
Este libro foi un dos mais realistas que lin , aínda que todo el parece unha película, poderíalle pasar a calquera .
Con ela a autora atopou unha maneira de achegarse os mozos de hoxe en día e facernos reflexionar sobre os perigos que están ao noso redor .

1 comentario:
O libro gustoume pareceu moi entretido e que contaba feitos reais. Porque é moi común que cando unha rapaza chega nova a un instituto se metan con ela, cando solo o que queren e chamar a atención porque se senten mellores, pero tampouco chegar ao estremo ao que chegaron eles, facéndolle dano e sufrimento. A relación de Isla e Anxo pensei que ao final ían estar xuntos pero non. O de Xúpiter xa me esperaba iso porque era demasiada coincidencia que a el tamén lle interesara o Universo, as estrelas e que eles nunca de viran e Isla namorarase del. O final non me gustou porque foi moi triste e non houbo nada feliz.
Publicar un comentario