ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

03/12/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de María Rodríguez González


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais




O corazón de Xúpiter pareceume un libro moi interesante. Trata temas de actualidade que calquera adolescente de 3º de ESO vivimos ou podemos chegar a vivir: amor, estudos, drogas, internet, festas e saídas nocturnas, falta de comprensión familiar e tamén a morte.
Dende esta novela tamén nos leva a valorar a empatía e as boas amizades. Sorprendeume o namoramento tan forte que tiña Isla de Xúpiter sen coñecelo persoalmente, pensaba nel a miúdo.
Despois de ler este libro lévame a pensar o difícil que é dar pasos seguros, estamos rodeados de riscos que moitas veces non somos conscientes deles. Tal vez estea opinando deste xeito polo triste  remate da historia de Isla.

Sen comentarios