ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/12/14

O corazón de Xúpiter


Comentario de José Castro Rozas


O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais









Esta novela de Ledicia costas chamada “O corazón de Xúpiter”, é unha novela que me sorprendeu, xa que comeza dunha maneira pouco chamativa e incluso monótona, pero pouco a pouco, vai semellándose máis e máis a vida real, ao tempo que vai acaparando a atención do lector que, polo menos no meu caso, quería saber canto antes como se resolvería a situación.. É un tipo de libro dos cales pode dicirse que nos representa, porque relata os problemas que poden aparecer nese camiño que se percorre na adolescencia, que a todos os mozos nos poden xurdir nestas idades e que invita a reflexionar sobre a situación que se desenvolve.

            Tamén me gusta polo seu atípico final, que demostra que non sempre hai un final feliz, tal vez moitas veces cremos que o hai porque só queremos recordar unha pequena parte da historia, que por si soa, non significa nada.

Sen comentarios