Comentario de Francisco Rodríguez Fernández
O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
Teño que admitir que, nas
primeiras páxinas que lin, parecíame un libro orientado hacia xente
máis adulta, pero a medida que fun introducíndome no relato fun
enganchándome e descubrindo que nunca podes xulgar un libro polas
súas primeiras páxinas.
Unha vez rematado o libro,
a impresión que levo é que está moi ben enfocado para a nosa
idade, xa que reflicte realidades moi presentes no día a día dos
adolescentes, a historia entre Isla e Xúpiter repítese na vida
real, por desgraza.
Una característica
moi boa é que tanto as expresións dos personaxes coma as súas
actuacións, son un reflexo das que temos os rapaces de agora, o que
facilita a súa lectura e entendemento, así como a facilidade de
inmersión na historia.
Non me gustou para nada a
actitude de Carballo hacia Isla, unicamente tendo en conta imaxinacións que para nada eran
verdade.
En canto a Xúpiter,
pareceume increible e sorprendente a maneira en que era en realidade,
xa que o esperaba dunha forma moi distinta, pola forma en que lle
falaba a Isla, sempre atento, sendo o ombreiro onde chorar...
O que menos me gustou
foron os mini relatos ó principio de cada capítulo, xa que
sacabanme do libro e non lle encontraba relación ningunha.
O final pareceume
totalmente inesperado, e creo que tamén a toda xente que foi
seguindo a historia, xa que, desde o meu punto de vista, quedaría
mellor un final feliz, acorde co relato fantástico e romántico
transcorrido, inda que ese final ocorre hoxe en día máis do que
desexamos todos.
Sen comentarios
Publicar un comentario