O corazón de Xúpiter
Ledicia Costas
Xerais
O libro mantívome intrigada dende o principio ata o final.Trata
temas moi actuais entre os adolescentes, por exemplo o do acoso, a
xente que se coñece por internet...
A actitude de Carballo paréceme moi drástica, case sen saber se o que pensa é verdade ou non facerlle todo iso a Isla, pero sabendo o que ten na casa faiche pensar o mal que o pasan algunhas persoas e polas situacións que teñen que pasar, aínda que ao final do libro dá un xiro completo de 360 grados.
Por outra parte Anxo paréceme o mellor de todos os personaxes, identifícome con el, é demasiado bo e mantén o seu amor, sen importar a actitude da outra persoa pero menos mal que nun arranque de nervios di todo o que pensa, aínda así durante toda a historia mantense ao lado da protagonista e Mar.
A devoción de Isla polo espazo paréceme un pouco paranoica, durante toda a narración falando de lendas dos planetas, estrelas... Tamén é moi ilusa, o seu querido planeta dá os datos necesarios para saber que non é de fiar e ela sempre cun pano diante dos ollos tendo o seu verdadeiro amor diante do seu nariz.
O final para min é máis que esperado, e fainos cavilar a todos dos grandes perigos da web.

1 comentario:
Esta obra de Ledicia Costas, sinceramente, gustoume moito a verdade.
Narra uns feitos que lle soen ocorrer a maioría dos adolescentes para quedar ben sobre
outras persoas.
Para mín, este libro o que nos quere dicir é que reflexionemos sobre o que debemos e non debemos facer na nosa vida de adolescentes, queixámonos de sempre temos a razón e non é así xa que algunhas veces non a temos e imos polo camiño equivocado.
E finalmente, levei unha gran decepción co final xa que ao ser un libro máis ou menos de amor, acabaría nun bo final, pero este non é o caso.
Publicar un comentario