Comentario de Nerea Álvarez
A modelo descalza
Jordi Sierra I Fabra
Galaxia
Este libro foi, sen
comparación, o que máis me gustou ler durante este curso. É un libro que xoga co
amor e co misterio. Gustoume moito porque o protagonista Jon despois da súa
longa viaxe por África ao chegar ten que afrontar a dura noticia de que a súa
exparella se atopa detida por un suposto crime de asasinato. El aínda que quere
facerlle crer a súa nai que Alexandra é cousa do pasado quere axudala de todas
as formas para demostrar que é inocente.
O que máis me gustou desta
historia foi como Jon a pesar das súas dificultades para contactar con ela fai
o posíbel por estar con ela e demostrar que é inocente. Aínda que Jon crera que
era inocente, o que contaban os xornais de como a encontraron na habitación co top
model era difícil de crer que fose inocente.
O que menos me gustou deste
libro foi que houbese tan poucos diálogos, é dicir, sempre estaba reflexionando
só e tratando dun tema tan importante na historia, como é o suposto crime de
Alexandra, que non houbese máis diálogo coa nai ou coa xefa de Alexandra
desconcertoume un pouco.
Esta historia reflexa como
Jon a pesar de todo o que lle pasase con Alexandra deixa eses problemas a un
lado e fai todo o posible por sacala da comisaría e do futuro cárcere que lle
esperaba.
1 comentario:
Este libro encantoume, xa que mostra como para algunhas rapazas o seu físico o é todo, e pensan que por estar máis delgadas son máis guapas que algunhas que non o están; é un libro moi realista.
Tamén me gustou moito cando acusan a Alejandra dun crime que cometeu unha noite na que tomara drogas e alcohol, e o seu mozo Jon non o cree.
Tal vez me sentín un pouco identificada con Jon cando cree que a súa moza non cometera tal crime, porque eu ás persoas de confianza tamén as creo, pero por outros aspectos non me sentín identificada nin con ningún dos actos nin dos personaxes.
Este libro recomendaríallo ler a todas as adolescentes para que se dean de conta de que non todo é o aspecto, e porque unha persoa sexa máis delgada ca outra non ten por qué ser nin máis guapa nin máis atractiva
Publicar un comentario