Como a profesora dixo, este libro é moi triste, só a
idea de que un mozo tan xove vaia morrer de cancro déixame os pelos de punta.
A súa actitude paréceme algo normal, se eu estivera
no seu caso creo que tamén sentiría o mesmo, a forma de falar coa xente, algo
borde, xa que é moi duro polo que está a pasar.
Entendo que non saiba se quedar coa súa nai, Maja e
o mozo da súa nai ou co seu pai cabendo a posibilidade de estar só na casa polo
que decide quedar no hospital e así ter a oportunidade de estar con Helene.
En xeral o libro gustoume moito xa que trata un tema
moi serio e tráxico á vez, e serve para darse de conta do duro que é ter una
enfermidade coma o cancro.
Sen comentarios
Publicar un comentario