
Comentario de María Rodríguez González
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
O libro gustoume moito, estivo entretido e
gracioso.
Síntome
identificada con Rosiña porque ten rasgos moi parecidos aos meus.
Aínda que non é un personaxe importante non se falou moito do que
lle pasou ao can de Adeliña. Creo que todos os personaxes
desenvolven moi ben o seu papel e non engadiría nin eliminaría
ningún personaxe.
Penso que o
libro se debería continuar para saber que fixo Rosiña despois de
irse co Padre Horacio e para saber algo máis dos seis fantasmas.
Non entendo
moito a que ven o título do libro, xa que non se relaciona moito co
contido da obra. Aínda que sexa una obra de teatro de medo, rinme
moito. Non podería elixir unha escena que me gustase porque me
gustaron todas.
1 comentario:
A min o libro gustoume xa desde o principio, porque me ensinou que non se debe ser ambicioso por querer ser rico e telo todo, porque por ser ambicioso ao mellor pasan máis cousas das que queres que pasen. Gustaríame ler mais libros así.
Publicar un comentario