Comentario de Tania Areán Fernández
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
É o primeiro libro que leo deste estilo e gustoume bastante.
Por unha parte, porque fala de cousas que ocorren na vida real como que a un familiar queira quedar con todo o herdo da súa tía e por outra parte gustoume porque era entretido lelo, facíache pensar en como terminaría esa historia de familia entre a Tía Rosa e os seus sobriños e tamén nos ensina que non debemos ser crueis con ninguén da nosa familia por querer quedar con todo o que tiña e apreciar o que se ten.
A parte disto creo que o autor deste libro adaptouno ao noso tipo de lingua, quero dicir que escribiu moitas palabras coloquiais que usan os rapaces de agora e os maiores (como no caso de Borja).
E por último tamén penso que este libro está moi ben para algunha xente, porque lles ensinaria a respetar e coidar a familia e a todo o que pertence a familia porque é o que temos na vida e temos que coidalo.

1 comentario:
Este libro pareceume moi interesante pola actitude dos falantes cun tema tan serio coma a morte, pero á vez divertido.
Deume un pouco de pena que non se valorasen entre eles, e que tivera ese final triste pero tamén entretido pola forma en que o presenta con bromas e ese vocabulario tan basto.
O que menos me gustou foi a forma de esaxerar o vocabulario do adolescente, porque, case custaba entendelo.
Publicar un comentario