ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

01/11/14

Unha rosa é unha rosa

Comentario de Jorge González Méndez


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 
 

Este libro de Suso de Toro pareceume moi divertido e ao principio custoume empezar a ler, pero despois vaiche gustando e ao final xa o acabaches.

A historia é un pouco enrevesada.

Non te podes fiar do título xa que parecía que ía ir doutra cousa en vez dun asasinato.
Para min a personaxe que máis me gustou foi Rosiña, porque era unha moza inocente e coa axuda da súa tía conseguíu a súa parte da herdanza. A escena que máis me chamou a atención foi cando á pantasma da tía métese no corpo de Rosiña a través da televisión e a rapaza axúdalle a súa tía a vingarse dos seus sobriños.

1 comentario:

Adrián Matanzas Barros dixo...

Este libro pareceume interesante porque explicoume que na vida hai que querer ao próximo e non aproveitarse del para sacarlle os cartos ou outras cousas e deixalo vivir tranquilamente, ademais de non maltratarlos por vinganzas ou problemas familiares ou outro tipo de problemas. Tamén manter boas relacións co persoal e non abusar dos demais para facerse rico.