
Comentario de Anxo Gil Figueiras
Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
"Unha
rosa é unha rosa" pode parecer frouxo polo seu escaso tamaño, pero as
aparencias enganan. Unha especie de parodia de conto de terror onde se mostra
ata onde a xente é capaz de chegar por mor dos cartos.
Persoalmente,
creo que os personaxes de Pololo e Adela son os personaxes que máis se moven
polos cartos, tendo Pololo un problema co xogo. Foncho e Puri son máis normais,
dentro do estrambótico; ambos teñen delirios de grandeza, xa sexa xogando ao
golf ou querendo unha criada na que poder mandar. O meu persoaxe favorito é
Rosa, tan inocente a primeiras e tan vingativa con seus sobriños.
O libro,
unha comedia disfrazada de conto de medo, é un libro humorístico e sarcástico que me fixo rir en
máis dunha ocasión. Gustoume moito o estilo de Suso de Toro e gustaríame ler
máis libros del.
Sen comentarios
Publicar un comentario