ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/10/14

Unha rosa é unha rosa


Comentario de David González Sampayo


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 









A min este libro pareceume unha historia moi cómica, que me debuxou un sorriso de orella a orella e tamén me enganchou, mantívome moi entretido. Pero algúns aspectos non me gustaron tantos coma outros como, por exemplo, cando os sobriños lle estaban case dicindo que eles a ían matar, entráronme ganas de poder entrar na historia e dicirlle a señora: "Espabila, que te van matar!"

Outro aspecto que me gustaría comentar do libro é que para min o título non ten nada que ver co libro, non ten relación ningunha. Porque a historia é unha comedia cun asasinato de por medio e coido eu que non ten nada que ver co título . 

Eu sentinme identificado con Borjita, o fillo de Adela e Foncho, porque é un adolescente ao que lle gusta a velocidade e o  motor e fíxome moita graza a linguaxe que emprega e é moi inocente igual ca min. O que menos me gustou do seu papel foi como acabou. 

Un personaxe que creo que sobra é Colombo, o actor, porque non cambia o rumbo nin o transcurso da historia e creo que a historia sen el sería igual, o único que fai é entreter a vella as tardes de soidade . 

Os personaxes que menos me gustaron foron Pololo e Adela porque me pareceron uns traidores aos que só lles importaban os cartos e nalgún momento sentín impotencia de non poder darlles unha paliza e tamén sentín as ganas de que Rosiña os matara por vinganza como lle dixo a vella. 

Sen comentarios