ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

22/10/14

Unha rosa é unha rosa



Comentario de Noelia Blanco Pájaro


Unha rosa é unha rosa
Suso de Toro
Xerais
 









Debo confesar que é o primeiro libro de teatro que leo, e quizais me gustou máis ca moitos obrigatorios que me tiñan mellor pinta. É ben certo iso de que non nos podemos fiar da portada ou do título, eu se me fiara non o lía. Nunca me chamaron a atención este tipo de libros, os libros que leo normalmente están baseados no amor e desamor de xente moza. Pero Suso de Toro, así chamado o autor, conseguiu que me enganchara a este. Gustoume moito o feito de que estea cheo de retranca, ata no título! Reflicte defectos moi populares como o interese e a malicia; cousa que non me esperaba. Tampoco me esperaba a escena na que a protagonista, a tía de Adela e Pololo, sae do televisor para meterse no corpo de Rosiña e vingarse dos sobriños. Ó fin, foi un libro faciliño de ler e entretido. Quédame un bo recordo del.  

Sen comentarios