“Unha rosa é unha rosa” é unha comedia de medo na que
podemos atopar escenas de humor. Esta sátira, de Suso de Toro, reflicte a
avaricia que podemos chegar a ter as persoas por conseguir algo e o que podemos
chegar a facer para conseguir o que queremos. Neste caso, a herdanza da tía
levou aos tres sobriños á loucura.
O personaxe que máis me gustou foi a tía Rosa, xa que na súa
personalidade ten un toque de humor que te fai rir, si ou si, e a vengativa non
lle gaña ninguén.
Tamén me gustou a forma na que o autor enlazou a novela de
Colombo que estaba vendo a tía Rosa na televisión co que estaba a suceder na
realidade. O final sorprendeume xa que morreron todos e a que quedou con toda a
herdanza foi a inocente Rosiña.
Non foi un libro que me apaixonara moito, igual foi porque
me custou entendelo ao principio, xa que é a primeira vez que leo teatro, aínda
así houbo momentos nos que me causou intriga.
Para alguén que queira botar unhas gargalladas recoméndollo
sen dúbida.
Sen comentarios
Publicar un comentario