ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/06/14

Un home que xaceu aquí

Comentario de Cristina Cabaleiro


Un home que xaceu aquí
Aníbal C. Malvar
Sotelo Blanco






O narrador e protagonista conta, desde un punto de vista intrigante, a historia dunha busca do pasado. A perda do orixinal dunha novela famosa, supostamente dun misterioso escritor chamado Xulio Montenegro, da pé a un relato detectivesco, que enredándose pouco a pouco, semella a trama dunha boa película de suspense.
Trátase dunha historia tráxica e cómica ao mesmo tempo, na que o protagonista, un catedrático chamado Xosé María Bernal e unha compañeira de traballo, chamada Ana Volanges, inician unha pequena e emocionante aventura chea de dúbidas e equívocos, na procura da verdadeira realidade, a cal permaneceu agochada durante moito tempo.
Por que desaparece o orixinal dunha novela? Quen é realmente Ana Volanges? Que lle ocorreu realmente a Xulio Montenegro? Estará vivo ou quizais non?... son algunhas das cuestións que se tentan resolver ao longo desta obra.
O que máis me gustou foi a forma de relatar os feitos a través do protagonista, que a través das súas críticas e sátiras tentaba transmitir a máis pura realidade.
Recoméndolle o libro a todo aquel que se sinta un auténtico detective, pois nesta obra poderá pescudar, ao mesmo tempo que Bernal, nun misterio oculto e esquecido, nunha historia pasada e presente, que deixará unha profunda e gran marca en todo o universo que rodea ao protagonista.
 

Sen comentarios