ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

11/06/14

Neve en abril



 Comentario de María Eugenia Gil Pallares


Neve en abril
Inma López Silva
Galaxia



Neve en abril conta a historia dun home ancián que cre que a súa vida é monótona e rutinaria, pero que un día de abril cambia de súpeto. Comeza a investigar o porqué da morte dun antigo compañeiro de guerra. Céntrase demasiado nisto e esquece pasar tempo coa súa muller. Despois nun pequeno accidente cun can, Elixio decátase do moito que quere á súa muller e decide contarlle toda a súa investigación, pero agora xa é demasiado tarde. María morre sen que Elixio teña tempo de recordarlle que a quere co loucura, e os remordementos atormentarano durante moito tempo. Cando descobre a verdade sobre a morte do seu amigo, Elixio por fin durme en paz, e sente a profunda e tranquilizadora respiración da súa muller ao seu lado. Porque el non está só. E pro fin “Do ceo, si, do ceo; veñen dun ceo branco azulado. Como aquel día raro, lonxano e cercano de abril. Por fin está a neva.” Este libro ten un 9 e recoméndollo a todo o mundo.

Sen comentarios