Comentario de Leticia Couto
Os saltimbanquis no paraíso
Xelís de Toro
Sotelo Blanco
Coma en case todos os meus comentarios acerca de libros de lectura
comezarei dicindo e recalcando que ler non é unha das cousas que máis me
apaixoe e á hora de escoller libros son bastante cerrada xa que poucos
conseguen engancharme. Pareceume unha historia un tanto rara, ademais as
historias sobre asasinatos pódese dicir que non son o meu forte.
A súa maneira de expresarse fai que o libro resulte sinxelo á hora de lelo
e outro punto a favor é que a maioría dos capítulos son curtos o que fai que a
lectura sexa máis rápida.
Hai partes que me
pareceron aburridas debido á súa monotonía. Por exemplo, na parte central da
historia describe o que pasa en Galicia despois da chegada dos saltimbanquis
día tras día e practicamente conta o mesmo en cada un xa que eran moi
semellantes. Por outra banda, o carácter dos personaxes tampouco me gustou,
pareceume demasiado frío para realizar o emprego que tiñan. Unha das cousas que
me agradou moito, foi saber que dun título dun libro, unha das palabras
como é "paraíso" vai adicada á Galicia, iso é xenial, ademais da retranca
típica galela que utiliza.
O autor combina moitos
temas dos que debo destacar o amor por ser o meu preferido e tendo en conta que
hai roubos, mortes e asasinatos.
Eu adoito ser desas persoas que xulga un libro pola súa portada e desta vez
non me equivoco. Non me atraeu nin a portada nin o libro. Porén, a
relación que establece o autor entre o protagonista co crocodilo da
portada a medida que avanza á lectura pareceume moi orixinal.
É un libro que non volvería ler nin tampouco sabería recomendarllo a
alguén.
Sen comentarios
Publicar un comentario