ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

12/06/14

Rúa Carbón

Comentario de Alba Iglesias López


Rúa Carbón
Marilar Aleixandre
Xerais





Un libro cheo de misterios, segredos, de amor e desamor…Pero para Paula, a protagonista desta historia, non foi fácil asimilar que os seus pais foran militantes de ETA político-militar, un segredo que a súa nai Maite, levaba agochando dende que ela nacera, xa que o seu pai morrera cando estaba colocando nun coche unha bomba.
 Esta moza vai facer dezasete anos e nas vacacións vai pasar o verán en Donostia á casa de Edurne e Nekane, dúas das súas tres avoas. Aquí vólvese a encontrar con Martín, un rapaz que facía dous anos que non vía e co que tempo despois comezou a saír. Pero non todo van ser cousas boas xa que Paula ten que ler o diario de súa nai para saber en realidade quen era seu pai. Eu só quería rematar o libro para saber cal era o seu fin.
Chegando ao final, Martín e Paula deixan de ser mozos porque el non pode deixar de lado a Rúa Carbón e algo similar pasara fai uns anos cos pais dela. Quizais para o ano que vén se el deixara a súa cuadrilla terían unha segunda oportunidade xuntos.
Para rematar dicir que este libro está moi ben e gustoume moito, recoméndollo a todas as persoas para que pasen un bo anaco lendo.

Sen comentarios