Ruído
Relatos de guerra
Miguel Anxo Murado
Galaxia
Miguel Anxo Murado
Galaxia
Ruído é un libro sobre a guerra e os desastres
que nela acontecen. Ademais disto, fala sobre o comportamento das persoas ante
situacións e contextos nos que se atopan ao seu límite.
Os contos que conforman este pequeno volume
naceron das vivencias persoais de Miguel Anxo Murado no conflito bélico que
acabou por destruír a antiga Iugoslavia, lugar no que o escritor estivo a
traballar durante algún tempo como corresponsal de guerra.
Quizais o máis chamativo e destacable de
todos os relatos que compoñen o libro é que en apenas poucas páxinas conseguen
transmitir sentimentos moi próximos e propios das guerras: preocupación,
frustración, crueldade… nalgúns casos moi próximos á morte e noutros casos
chegando a ela.
Recoméndolle esta breve recompilación de relatos a
todas aquelas persoas que queiran afondar nos sentimentos máis profundos do
escritor, xa que nesta obra se inclúen as experiencias e vivencias do autor, e
que lle dan unha pincelada moi persoal e íntima ao volume, o que o diferencia
doutros libros que contan narracións bélicas.

Sen comentarios
Publicar un comentario