ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/14

A man dereita



Comentario de Cristina Cabaleiro


A man dereita       
Aníbal C. Malvar
Sotelo Blanco


Toda a intriga e a emoción  da novela reside e xira arredor do protagonista, Rober Garrido, un xornalista calquera dun diario conservador, que se presta a servir de informante sobre os movementos dun grupo de activistas políticos, conformado por Delia, Nic e Bruno, no que é case obrigado a infiltrarse, debido á unha mera coincidencia do destino de ambos mundos.
O xornalista é recrutado por un inspector de policía culto e audaz, que o infiltra na banda. Alí coñece a Delia, da cal se namora e coa cal vive unha aventura, e tamén entaboa unha profunda amizade con Nic. Entón a ambigüidade da súa situación e posición na historia lévao a dubidar do bando realmente correcto.
Unha das cousas que cabe destacar nesta obra é a abundancia de diálogos na narración, que fan que o lector se sinta máis preto dos personaxes, coma se estivese alí mesmo vendo o que ocorre na historia.
Os personaxes, o humor, a heroicidade… o mundo reflectido por Aníbal C. Malvar na obra alude a unha realidade histórica e social dunha época determinada, creando así unha novela sinxelamente auténtica e real.
Recoméndolle o libro a todas aquelas persoas que queiran mergullarse no histórico e turbulento pasado en busca dunha realidade presente e viva, que acompaña ao ser humano e que cambiará para sempre o seu porvir.

Sen comentarios