ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

13/06/14

Sempre quixen bailar un tango

Comentario de Alba Iglesias López


Sempre quixen bailar un tango
Teresa González Costa
Xerais




A morte estase acercando para o protagonista desta historia, Manuel, ao que os médicos lle diagnosticaron un cancro incurable e só lle quedan un días de vida.

 A súa filla, o único que lle importa é se ten enrugas na cara ou o que poñerse para as ceas especiais e o marido desta quere mandar a Manuel a unha residencia porque di que lle está fallando a memoria e para así quedarse cos seus cartos. Por outra parte tamén está a criada da casa, María, que sempre ten que facer o que lle digan como fregar o chan, pasar o ferro á roupa, etc.

Ao final deste libro, María e Manuel foxen na súa bicicleta cos cartos nos calcetíns e a Susana a súa filla, déixalle unha carta que ía dirixida a el mesmo e que dicía que ela sempre quixo bailar un tango agarrado a el e que sempre o quixera moito.

E ao acabar foi cando entendín o do título, porque ao comezar non tiña nada que ver. Para rematar dicir que este libro é moi curto e lese moi rápido, a parte de que é moi bonito e tamén algo triste.

Sen comentarios