Comentario de David Núñez Ouzande
A praia dos afogados
Domingo Villar
Galaxia
Este libro gustoume moito, porque nárranos dúas historias
paralelas. Por un lado, cóntanos a relación do inspector Leo Caldas co seu pai,
dado que teñen algúns temas tabús como o da súa ex noiva Alba, dá a sensación
de que teñen vergoña un do outro. E polo
outro, fálanos da investigación que se leva a cabo pola morte de Xusto Castelo
na praia da Madorra en Panxón.
Así mesmo, Leo comeza a investigar a morte de Xusto. Pregúntalle
aos mariñeiros cando o viron por última vez, e así Leo descobre que houbo un
naufraxio hai anos. Nese barco, chamado O Xurelo, ían Xusto, dous mariñeiros e o capitán Sousa, o cal
faleceu. Seguindo a investigación, Leo descubriu que ese mesmo día desapareceu
unha muller chamada Rebeca Neira e foille preguntar a súa amiga. Ela contoulle
que, ese mesmo día, Rebeca se encontrou con dous mariñeiros cando ía comprar
tabaco. Eles ofrecéronse a acompañala á casa, pero...
Unha vez rematado o libro podo dicir que me resultou
entretido, xa que a trama da historia mantívome enganchado ata o final. É un
libro que recomendo para ler, é novidoso, porque se basea en dúas historias
paralelas e intrigantes.
Ao mesmo tempo, é un libro que require ler con atención
xa que ten un gran número de personaxes e de detalles fundamentais para poder
comprender a historia.
Sen comentarios
Publicar un comentario