Comentario de Isidro Gil Pallares
O Alquimista
Paulo Coelho
Galaxia
Logo
de oír ningunha boa palabra cara este libro (a excepción de quen mo
recomendou), decidinme a lelo aínda con máis ganas (eu son así).
E
non era para nada o que me dixeran, é unha entretida e sinxela historia
que leva como lema “Se de verdade persegues algo, o universo
enteiro conspirará a favor túa”, e que cada cousa que che pase nese
camiño (sexa boa ou mala) forma parte da aprendizaxe necesaria que tes
que recibir para acadar a túa meta.
A
parte, tamén fala da simboloxía e dos signos que tes que aprender a
interpretar, xa que o universo chos puxo aí para que te decates de algo
ou para que algo che saia mellor.
Ten
un gran contido metafórico de principio a fin, que de cando en vez
chega a ser excesivo, pero adornan e fan máis amena a historia.
Fóra
do tesouro que persegue Santiago (un xove pastor), un verdadeiro
alquimista e o verdadeiro amor de Santiago; para min a miña personaxe
favorita é o comerciante de cristais.
Anímote a que o leas para que descubras a razón.
Sen comentarios
Publicar un comentario