
Comentario de Rocío Fernández
Ámote Leo A. Estación de tránsito
Rosa Aneiros
Xerais
Xenial,
era a continuación que agardaba, ou polo menos unha delas, tanto me daba que
fora Andrés o que aparecese polo simple feito de querer saber a continuación
desa historia que comezou entre eles ou ben que fose Martiño para arranxar ou
para demostrar que se equivocou na súa decisión.
Igual
que o primeiro libro deume moito de si, máis formas de indentificarse, máis
consellos agochados, máis do que me
gusta. Un feito que me gusta e me entretén é a relación existente entre Leo e
Andrés, quen non queren atarse pero ó separarse bótanse de menos e enseguida se
volven reencontrar.
Espero
poder ler pronto o terceiro libro da triloxía, resolver de todo o misterio das
pintadas coa súa explicación, ver que pasa entre Andrés e Leo, ou mesmo se
Martiño volve aparecer e que pasa entre eles ao final, a recuperación total de
Roi, os misterios e segredos agochados na familia de Leo.. quero sabelo todo!
Por
se non quedou claro, gustoume moito,
incluso algo máis que o primeiro, ó mellor polo feito de que Leo é
menos fría a pesar de que intenta selo,
de cómo a nai en vez de reprochar máis ben apoia e non sei, realmente gustoume
moito.
Proximamente,
o terceiro.
Sen comentarios
Publicar un comentario