ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/06/14

Sarou / Louzós

Comentario de Francisco Miguel Casas Pico



Sarou / Louzós
Ramón Caride
Xerais



Neste libro, o autor Ramón Caride sitúa os acontecementos en dous lugares da xeografía galega importantes para el como son Sarou nas Rías baixas e Louzós no centro de Galiza. O libro comeza coa historia ambientada en Louzós na que un rapaz sae do cárcere e trata de volver gañarse o respecto no seu lugar e cobrar os cartos que lle debían do narcotráfico para poder fuxir do país aínda que isto non sae como o planeara e acabara de mala maneira.   
Logo hai unha segunda parte Sarou-Louzós na que se contan varios relatos independentes que ocorren ao longo da estrada que une estas dúas localidades. 
A terceira e última parte é Louzós, son tamén relatos independentes relacionados coa forma de vida nesta localidade e as características da mesma así como algunha historia que nela se produciu. 
Para min a mellor parte é a primeira (Sarou) xa que é unha sola historia e prefíroa fronte aos relatos independentes das outras. Polo xeral, o libro trata problemas e sucesos reais desenvoltos en Galicia, empregando unha linguaxe coloquial que identifica un pouco aos lectores e anima a súa lectura. Polo xeral bo libro, divertido e intrigante .

Sen comentarios