ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/06/14

Made in Galiza

Comentario de Rubén Campelo


Made in Galiza
Séchu Sende
Galaxia

A min persoalmente o libro non me gustou moito inda que trate un tema desa índole, ao principio non me custaba lelo, pero a medida que ían pasando os capítulos e volvía ser o tema o mesmo facíaseme máis e máis pesado. Fíxoseme aburrido de ler e de acabar. Se non o mandaran ler todo xunto e lera os contos separados seguramente disfrutaría moito máis deles. Pero valorando o libro enteiro non podo dicir que me gustara, gustoume o tema que trata e alégrome moito de que haxa xente que lle guste, segundo os comentario que puiden ler vin que pouca xente concorda coa miña idea.

Sen comentarios