ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

15/06/14

Rapazas

Comentario de David Núñez


Rapazas
Agustín Fernández Paz
Xerais 
 
 
 
Este libro gustoume moito xa que se compón de seis relatos chamados: “Visitante das estrelas”, “Unha pedra na area”, “Un curso con Ana”, “Querida avoa”, “A primeira meta” e “Dúas rosas murchas”. Neles abórdanse diferentes temas, como o racismo, o feminismo, nos cales as protagonistas sempre son rapazas
Deste libro podo dicir que os relatos que máis me gustaron foron o primeiro e o quinto. Aínda que as demáis historias, como a de Alba, Ana, Marta e Carme tamén me gustaron, a historia de Xhantl-L e Mariña captaron máis a miña atención.
O primeiro conto que máis me chamou fálanos de Xhantl-L, un extraterrestre que emprende unha viaxe e introdúcese no corpo de Laura para elaborar informes, nos cales conta como vivimos a especie humana. Estes mándaos ao seu planeta. Neles tamén conta que Laura sente unha atraccíon ou namoramento por Miguel, e que el finxe que sente atracción por outra rapaza chamada Milena aínda que non sexa certo. Ademais, trátase o tema do racismo que sofren Xoana e Mario. Xhantl-L deste modo vai descubrindo que a vida aquí é emocionante e decide quedarse a vivir no noso planeta.
O outro conto que me gustou foi "a primeira meta", que narra a historia de Mariña, quen corre a final galega de cross. Ela dáse conta que está na carreira grazas á dedicación de Xiana, a súa adestradora e amiga. Tamén conta que súa nai ao inicio lle dicía que se dedicara a estudar e non a correr pero que un día Xiana foi falar con ela e entón dende ese día a apoia nas carreiras. Cara ao final da carreira Mariña dáse conta que vai soa e mete o últmo sprint, e cruza a primeira liña de meta. Finalmente, mentres Xiana a abraza ela oe polos altofalantes "Mariña Louzao gañadora".
Recomendo este libro, porque de todas as historias se pode sacar unha aprendizaxe e ao mesmo tempo os dous contos que máis me gustaron mostran por un lado como a xente loita contra o racismo e polo outro unha superación cando Mariña segue correndo a pesar de que súa nai non a apoiaba e consigue o seu soño e o apoio de súa nai.
 

Sen comentarios