ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/14

Sempre quixen bailar un tango

Comentario de David Núñez Ouzande


Sempre quixen bailar un tango
Teresa González Costa
Xerais 




Este libro chamoume moito a atención, dado que a pesar de ser un libro de teatro mántivome enganchado. A historia conta con cinco personaxes: Manuel que pódese decir que nel se enfoca a historia xa que o informan de que ten un cancro irreversible; Susana, a súa filla quen ten unha forma de ser que chama a atención, xa que é un tanto insensible; Luís, o seu marido que é un personaxe egoísta; Maria, que é a criada desta familia, a cal case até as últimas páxinas non se pronunciou; e por último, Heitor que é o fillo de Luís e Susana, este non interven na trama pero si é nomeado varias veces.
 A trama comeza no día no que chaman a Manuel do hospital para comunicarlle que ten cancro. Cando se decidiu a contarllo a súa filla, ela empezou a preocuparse polas súas engurras no lugar de pensar que seu pai podería morrer. Susana e mais o seu marido tiñan unha cea moi importante na cal ían nomear a Luís xefe dunha empresa. Cando de repente escoitan no televisor que o xefe de Luís o estaban buscando, porque marchara con todas as inversións dos invitados a esa cea. Susana e Luís pensando que estaban arruinados centrábanse en buscar o testamento de Manuel.
Por outro lado, Manuel confesoulle a María que lle gustaría bailar un tango, xa que como a súa muller odiaba os tangos nunca o puido bailar, entón el e María puxéronse a bailar no medio da sala. O final deste libro remata dunha forma inesperada.
Dado que a historia ten este final  logrou captar a miña atención, ao mesmo tempo que me mantivo enganchado a historia ata o final. Por iso na miña opinión o libro gustoume moito xa que é diferente e non segue un esquema.
Recomendo este libro pola súa sinxeleza e fácil lectura, xa que a súa historia engancha e podes lelo nun só día.
 

Sen comentarios