ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/14

O anxo de Eva

Comentario de Issiris Ramírez 


O anxo de Eva
 Marina Mayoral
Xerais




Este libro gustoume moitísimo porque ten unha historia fantástica que a calquera persoa que o lea vaille encantar porque está chea de misterio, maxia e moito amor.  Encántanme as historias que están cheas de tolos e que ninguén quere crelos porque déixate coa intriga de que en verdade foi o que pasou ou se só era unha alucinación.
Esta novela trata dunha nena (Eva) que polas noites das vacacións de verán fala cun anxo. Este anxo ten unha historia conmovedora que lle conta a Eva e é unha da cousas que máis me encantou porque as historias tráxicas e o drama nos libros son o que máis me gusta.
Outra cousa interesante do libro que máis me gustou foron as conversacións entre Eva e a súa avoa porque tratan temas moi importantes na nosa adolescencia e que a moitos interésanlles. Como por exemplo o tema de que as rapazas que estaban con moitos rapaces están peor vistas que os rapaces que estaban con moitas rapazas. Este é un dos temas que na nosa xeración preocupa moito porque aínda pódese notar que segue aínda a desigualdade entre homes e mulleres.
Gustaríame recomendar este libro aos meus amigos porque está cheo de fantasía e de cousas moi moi interesantes que che axudarán a reflexionar sobre a túa vida.

Sen comentarios