ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

16/06/14

Os saltimbanquis no paraíso

Comentario de Rocío Fernández


Os saltimbanquis no paraíso
Xelís de Toro
Sotelo Blanco









Non é para nada o que me esperaba, non o digo só pola portada senón tamén polo título que para min non tiña nada que ver co contido da historia. Non me impresionou  pero tampouco é que me defraudase, porque o certo é que si que me gustan as historias sobre asasinatos e tamén as de amor polo tanto a mestura pois non me desgustou.
Na historia resáltanse os cambios de tempo e espazo continuos, pero non fan máis complicada a súa lectura, de feito é un libro non dos máis simples pero fácil  de ler. Tanto as descricións dos diferentes escenarios de Londres como a descrición de Galicia coma o paraíso, gustáronme, e non sei, fixéronme recordar os lugares que máis me gustaron dos que visitei nos dous sitios.
Eu non sei certo se o volvería ler porque non é a clase de libros que máis me gusta pero á xente que lle gusten este tipo de libros e ler, si que llo recomendo.

Sen comentarios