ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

17/06/14

Morgún


Comentario de Rocío Fernández


Morgún        
Suso de Toro
Xerais
 
 
 
Non sabía que esperarme do libro con semellante título, pero resultou ser un libro onde aprecían feitizos, deuses, maxia,  loitas e disputas entre os reis dos castros... unha historia remontada a centos de anos atrás onde aínda non existía unha cultura de base e os guerreiros crían na existencia o na influencia da maxia sobre eles.
Podo dicir que o que máis me gustou da historia foi o amor do protagonista polo guerreiro e os seus fillos que ó atopalo coidaron del coma se fose un máis, o como foi gañando as batallas para cumprir co seu obxectivo que aínda que era en parte algo cruel, podía considerarse merecido, que era vingar a súa propia morte.
Gustoume a pesar de que penso que é a primeira vez que leo un libro deste tipo, pero unha vez chegada a fin de semana e xa cansos de estudar, se non tes nada mellor que facer o feito de ver o libro enriba da mesa, e por qué non? Unha vez máis volvinme atopar co tipo de linguaxe que emprega Suso de Toro e ás veces fai que me resulte algo máis complicado, neste caso máis que o vocabulario podería dicir que foron máis ben algunhas expresións que de primeiras non era quen de entender moi ben.
É un libro que lle recomendo ós que lle gusten así máis este tipo de historias ou mesmo a alguén que coma min “precisa” de facer outra cousa e o le porque lle apetece ler nese momento.
 

Sen comentarios