ESTA É A PÁXINA EXCLUSIVA DAQUEL ALUMNADO QUE QUERE COMENTAR, OPINAR E REFLEXIONAR SOBRE AS SÚAS LECTURAS.
UN RECUNCHO FEITO POR E PARA EL.

21/06/14

Silencio no corazón

Comentario de Noelia Soto


Silencio no corazón
Jaume Cela
Galaxia


 
É un libro cargado de sentimento no que o protagonísta, Xoán, un neno que se fai adolescente durante a Guerra Civil e vai contando ás súas inquedanzas, o medo á guerra, a ilusión de ser arqueólogo, os primeiros amores. O neno é testemuña de moitas conversas sobre a Guerra e non lle atopa sentido ao conflito. O máis conmovedor do libro é a conversa que mantén o tío Bernardo con Xoán cando decide ir á guerra; fálalle sobre a pequena historia daquela familia que Xoán ten que manter viva ata que o tío Bernardo volva da guerra san e salvo, despois de facer a gran Historia.

Sen comentarios